Daniel Pereiro asiste a tratamento de hemodiálise en Diaverum Santiago de Compostela e quixo compartir co nós a súa forma de vivir o tratamento e as alternativas elixidas para facelo máis levadeiro. Grazas, Dani! Cales foron os principais cambios que se produciron na túa vida dende que soupeches que eras unha persoa con enfermidade renal crónica? A verdade e que primeiramente foi coma un shock cando me diagnosticaron a enfermidade renal, xa que apenas acababa de cumprir os 30 anos de idade e tiña en mente que estas cousas estaban reservadas pras persoas maiores. A miña vida cambiou totalmente xa que eu sempre fun persoa de moita axitación física, con prácticas deportivas asiduamente coma o fútbol ou o atletismo entre os deportes que practicaba normalmente, e de súpeto, xa non me sentía capacitado para seguir con esas prácticas deportivas porque físicamente me sentía agotado en canto pretendía seguir coas mesmas. Tamén me influíu notoriamente nas miñas relació...
Un blog creado para visibilizar a realidade das persoas con enfermidade de ril