Isabel ten 58 anos e vive co seu home Carlos en Santiago de Compostela. É unha muller forte, con carácter e con moitas ganas de vivir. Entre as súas paixóns: os seus catro netos, que son a súa debilidade! Fai 10 anos a súa vida tomou outro rumbo e foi diagnosticada de enfermidade renal. Comezou sendo usuaria de hemodiálise, logo faláronselle da diálise peritoneal e decidiu probar sorte, pero aos 6 meses tivo un edema pulmonar e decidiu volver a comezar en hemodiálise. Leva xa 9 anos sendo usuaria deste tipo de tratamento, ata que fai pouco máis de dous meses lle deron unha boa nova no hospital. "Preguntáronme que me parecería poder facer a mesma diálise que no hospital pero na casa, e non o dudei" explicaba contenta á Psicóloga e Terapeuta Ocupacional de Alcer Coruña, que estiveron na súa casa para que lles contase en primeira persoa como se amañan ela e o marido nesta nova etapa. A día de hoxe, soamente ela e outras dúas compañeiras realizan este tipo de modalidade ...
Un blog creado para visibilizar a realidade das persoas con enfermidade de ril