Ir al contenido principal

Un cambio de vida...!

Isabel ten 58 anos e vive co seu home Carlos en Santiago de Compostela. É unha muller forte, con carácter e con moitas ganas de vivir. Entre as súas paixóns: os seus catro netos, que son a súa debilidade! 
Fai 10 anos a súa vida tomou outro rumbo e foi diagnosticada de enfermidade renal. Comezou sendo usuaria de hemodiálise, logo faláronselle da diálise peritoneal e decidiu probar sorte, pero aos 6 meses tivo un edema pulmonar e decidiu volver a comezar en hemodiálise. Leva xa 9 anos sendo usuaria deste tipo de tratamento, ata que fai pouco máis de dous meses lle deron unha boa nova no hospital. "Preguntáronme que me parecería poder facer a mesma diálise que no hospital pero na casa, e non o dudei" explicaba contenta á Psicóloga  e Terapeuta Ocupacional de Alcer Coruña, que estiveron na súa casa para que lles contase en primeira persoa como se amañan ela e o marido nesta nova etapa. A día de hoxe, soamente ela e outras dúas compañeiras realizan este tipo de modalidade de tratamento na área sanitaria de Santiago de Compostela.
"A min deberían darme o título de auxiliar, polo menos!" Dicía o seu marido, encargado de prepararlle a máquina e o instrumental necesario para dializarse. "Se temos dúbidas ou algo non funciona, podemos chamar ao servizo técnico de Fresenius, que é quen pon a máquina, pero de momento non os chamamos moitas veces!", asegura Carlos.
Isabel realiza o tratamento de hemodiálise no seu domicilio os luns, mércores, venres e domingo durante tres horas e media "o bo desta modalidade, é que podes adaptar ti mesma os teus horarios, segundo os teus plans e necesidades, e si un día te conectas ás 10 da noite e rematas a unha da mañá, non pasa nada. De feito, se o domingo non podo facer o tratamento porque saimos ou temos outros plans, podo facer a diálise o luns, pero en lugar de tres horas e media, catro" apunta Isabel. 
Ela canaliza as veas soa, pero previamente a comezar no domicilio, recibiron un adestramento no hospital durante 4 semanas, nas que o persoal médico e de enfermaría lles ensinaron a empregar a máquina e os instruiron en nocións básicas relacionadas co tratamento. No domicilio, conta cunha estancia adicada exclusivamente para o tratamento de hemodiálise. Isabel, polo momento, non ten opción a ser transplantada de ril "e polo menos poder ter desta maneira unha mellor calidade de vida. Non eliximos estar enfermos, nin precisar este tipo de tratamento, e polo menos, poder estar a gusto e vivir o máis cómoda posibile", comenta.
Para poder realizar o tratamento, Isabel e o marido deben analizar a calidade da auga cada día e ter en conta as provisións de material que precisan, que lles levan á casa cando realizan o pedido. Comentan que, por exemplo para poder ter luz e non estar á expectativa de posibles cortes, contan cun servizo de Fenosa chamado "Ayuda Vida"  que lles ofrecen garantía eléctrica. 
O que máis destaca deste tratamento, é a comodidade da que desfrutan, xa que non dependen do desprazamento ata o centro hospitalario "sobre todo o post-diálise, que era o peor...aquí remato e vou para o sofá ou para a cama, estou no meu fogar", ao que soamente acode cada 5-6 semanas para facer revisións e controis.












Moitas grazas por abrirnos a porta da túa casa, Isa! E por compartir con nós esta nova etapa da túa vida! 

Comentarios

Entradas populares de este blog

O CARNÉ DE CONDUCIR EN PERSOAS CON ERC. O RELATO DE JESÚS DE LA IGLESIA

  Chámome Jesús de la Iglesia. Resido en Cacheiras (Teo). Teño 65 anos, son licenciado en dereito, ex-abogado especializado en proxectos do desenrolo rural e concentración parcelaria e persoa con enfermidade renal crónica avanzada en estadío 4 A2 con seguimento na unidade ERCA do CHUS. O que vos vou relatar aconteceu en abril deste ano, cando acudín a un psicotécnico de Santiago de Compostela para renovar o meu carné de conducir. Na primeira visita, a médico que me atendeu informoume que perdera un pouco de agudeza visual e que tería que corrixir a gradación das miñas gafas. Resolto o problema, despois de acudir á miña óptica habitual, volvín de novo ao centro de recoñecemento e esta vez a profesional preguntoume polas miñas doenzas e enfermidades, informándoa detalladamente da miña patoloxía renal, do estadio da miña enfermidade. que non me estaba dializando e que me atopaba asintomático facendo vida normal sen verme incapacitado para a condución do meu vehículo de uso particula...

AS PULSEIRAS SOLIDARIAS DA VODA DE MAR E JUAN

Juan Gestal ten 40 anos, é policia nacional, usuario de Alcer Coruña e ten enfermidade renal dende fai 9 anos. Antes do diagnóstico, comenta que tiña periódicamente ataques de gota e que tras unha revisión no seu centro de saúde, descubriron un desaxuste na función dos seus riles. Comezou ao pouco tempo o tratamento de hemodiálise no hospital Quirón da Coruña e despois dunha leve melloría, puido deixar de depender do tratamento dous anos ata que tivo que volver a entrar. Actualmente acode tres días á semana ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña en horario de mañá, compatibilizando o tratamento coa súa xornada laboral . Juan comenta que ten unha boa tolerancia á hemodiálise e que isto lle permite poder manterse activo laboralmente, aínda que menciona sentirse afortunado porque no traballo "llo poñen moi fácil" e se sinte moi apoiado polos seus compañeiros. Na actualidade, leva xa 4 anos e 2 meses en listaxe de agarda para poder trasplantarse e aínda que a espera se...

A HISTORIA DE CELSO

Celso naceu en Vigo e estivo boa parte da súa infancia viaxando por toda España e cambiando de localidades por mor do traballo de seu pai. Isto e segundo el asegura, marcou moito a súa forma de ser hoxe en día e a ser desde ben pequeno un home independente e loitador. Pai de dous fillos e entregado especialmente á educación e crianza do seu fillo maior con TDAH, xa tivo que desafiar moitas batallas para poder asegurarlle a mellor calidade de vida solicitando incluso unha excedencia no seu traballo habitual durante 13 anos. Nun control médico laboral diagnosticáronlle diabetes e anos despois a enfermidade renal crónica manifestouse na vida de Celso. Actualmente leva xa 4 anos en hemodiálise no Hospital Quirón da Coruña e asegura orgulloso ter botado preto de 8 anos en entrar neste tratamento levando unha dieta “estrita e ao pé da letra” durante todo o tempo que estivo na consulta ERCA, momento no cal coñeceu a Alcer e se fixo socio da entidade. O avance da diabetes implicou que tive...