Ir al contenido principal

MAXI, UN CAMIÑO DE 22 ANOS POLA ENFERMIDADE RENAL

Vicenta Maximina (ou Maxi, como a coñecemos todas e todos) é usuaria na actualidade na unidade de hemodiálise de Diaverum Santiago de Compostela e veciña do concello de Negreira. "Divertida, con carácter e moi clara", así se define ela! Traballou de costureira de solteira, deixouno cando se mudou ao País Vasco tras casar e retomou a súa profesión ao voltar 17 anos despois. Loitadora e independente decidiu formar parte dunha Cooperativa de costureiras que cosían roupa para Zara no ano 1991, onde traballou ata que tivo o diagnóstico de enfermidade renal.  

Leva nada máis nin nada menos que 18 anos en hemodiálise "comecei un 15 de xullo, polo día do Carme na clínica de Souto Boo, situada na Rúa Xeneral Pardiñas da cidade compostelá" tras 3 sesións no antigo Hospital de Galeras. Comenta que os seus inicios foron cheos de medo, incertidume e moita falta de información sobre a enfermidade renal, a diálise e todo o que esta nova vida que lle viña por diante iba supor. Aínda que estivo case 4 anos en prediálise, coas súas revisións cada seis meses e a fístula feita, comenta que "o primeiro día de tratamento non fixen máis que chorar". Facía 4 anos que quedara viuva de maneira repentina e "sempre pensei que o cansanzo que tiña eran polo ritmo de vida que levaba". Cando soubo que tiña que ir a diálise, costoulle aceptalo. De todos xeitos, tamén bota unhas risas recordando aqueles comezos, nos que "cantábamos na unidade de diálise" e "íbamos tomar aqueles café con donuts á saída cos outros compañeiros". "Daquela" - comenta - "só éramos 8 persoas" e o nefrólogo iba velos "cada 15 días" á unidade. Fala aquí do doutor Romero, que recorda con agarimo tantos anos despois.

A día de hoxe, Maxi segue sen saber cal foi a causa da súa enfermidade renal, pero conta que lla detectaron cando foi ao médico de cabeceira "porque estaba moi cansa sempre" e foi ahí cando souperon que os riles non funcionaban ao ter moi elevadas as cifras de creatinina. Comenta agora que sempre se declinou pola hemodiálise, porque a diálise peritoneal lle daba "medo a non ser capaz", xa que implicaba moita responsabilidade propia.

7 meses despois de comezar a diálise, xa a chamaron para o primeiro transplante, pero o ril que lle implantaron trombosou e non foi adiante. 20 meses despois, volveron chamala e aínda que o ril tardou "case 18 días en arrancar", estivo case un ano sen diálise, tendo que volver porque unha vez máis o inxerto deixou de funcionar. Esta nova entrada no tratamento xa o estreaba co título de "avoa" cando veu ao mundo a súa neta Estela (dicir, por certo, que os 3 netos que ten na actualidade son a súa gran debilidade!).

Maxi, aínda que é moi positiva, comenta que o que peor levou e leva de ter enfermidade renal e botar tantos anos en diálise, é "non poder coller a maleta hoxe mismo e ir para onde eu queira" e ter que planificar cada saída. "Agora xa estou máis adaptada e normaliceino, pero ó principio costoume". Co paso dos anos, valora a mellora que houbo na atención e na calidade do propio tratamento de hemodiálise, así como no coñecemento sobre a enfermidade renal "antes, por exemplo, a dieta era moi prohibitiva e agora temos información e aplicacións móbiles que nos axudan a levar moito mellor esta parte". Ao longo destes anos, garda bo recordo de moitas compañeiras e compañeiros (e profesionais!) que coñeceu e, tralo vivido, comenta que vive "ao día" e "non pensa no futuro nin a largo plazo", sen gardar moitas esperanzas polo terceiro transplante (aínda que está en lista de agarda) e centrada en desfrutar dos seus netos, dos seus fillos Mari e Alfredo, da súa familia e as súas amizades no momento presente.

Aínda que agora a pandemia pola Covid-19 non nos permite verllo, Maxi ten un gran sorriso, desde sempre, que nos amosa nestas fotografías de cando era máis nova en momentos significativos para ela. 







Comentarios

  1. As heroinas están ao teu lado, son exemplos a imitar e que nos fan decatar do que realmente é importante na vida. Grazas, Maxi, por ensinarnos a seguir loitando cada día.

    ResponderEliminar
  2. Esa Maxi esa Maxi eh, eh!!
    Un ejemplo a seguir siempre con la sonrisa y el buen humor a lo largo de esta enfermedad que dura ya demasiado... pero ánimo Maxi para atrás ni para coger impulso que a la tercera será la vencida ya lo verás!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O CARNÉ DE CONDUCIR EN PERSOAS CON ERC. O RELATO DE JESÚS DE LA IGLESIA

  Chámome Jesús de la Iglesia. Resido en Cacheiras (Teo). Teño 65 anos, son licenciado en dereito, ex-abogado especializado en proxectos do desenrolo rural e concentración parcelaria e persoa con enfermidade renal crónica avanzada en estadío 4 A2 con seguimento na unidade ERCA do CHUS. O que vos vou relatar aconteceu en abril deste ano, cando acudín a un psicotécnico de Santiago de Compostela para renovar o meu carné de conducir. Na primeira visita, a médico que me atendeu informoume que perdera un pouco de agudeza visual e que tería que corrixir a gradación das miñas gafas. Resolto o problema, despois de acudir á miña óptica habitual, volvín de novo ao centro de recoñecemento e esta vez a profesional preguntoume polas miñas doenzas e enfermidades, informándoa detalladamente da miña patoloxía renal, do estadio da miña enfermidade. que non me estaba dializando e que me atopaba asintomático facendo vida normal sen verme incapacitado para a condución do meu vehículo de uso particula...

A HISTORIA DE CELSO

Celso naceu en Vigo e estivo boa parte da súa infancia viaxando por toda España e cambiando de localidades por mor do traballo de seu pai. Isto e segundo el asegura, marcou moito a súa forma de ser hoxe en día e a ser desde ben pequeno un home independente e loitador. Pai de dous fillos e entregado especialmente á educación e crianza do seu fillo maior con TDAH, xa tivo que desafiar moitas batallas para poder asegurarlle a mellor calidade de vida solicitando incluso unha excedencia no seu traballo habitual durante 13 anos. Nun control médico laboral diagnosticáronlle diabetes e anos despois a enfermidade renal crónica manifestouse na vida de Celso. Actualmente leva xa 4 anos en hemodiálise no Hospital Quirón da Coruña e asegura orgulloso ter botado preto de 8 anos en entrar neste tratamento levando unha dieta “estrita e ao pé da letra” durante todo o tempo que estivo na consulta ERCA, momento no cal coñeceu a Alcer e se fixo socio da entidade. O avance da diabetes implicou que tive...