Ir al contenido principal

A historia de Alexandre

Cando me propuxeron contar a miña experiencia como enfermo renal facilitouseme un guión que relataba os aspectos a tratar. Non son de seguir guións, pero este, en concreto, pareceume do mais axeitado, así que comezarei por onde se me suxire relatando a recepción do diagnóstico. Haberá xente para a que encontrarse con que se padece unha enfermidade renal resultará unha sorpresa, supoño que unha moi desagradable, pero non é o meu caso. Son diabético dende os doce anos, iso si foi unha sorpresa, non tiña antecedentes familiares e a miña saude era estupenda. Unha das primeiras cousas que lles contaron aos meus pais (eu tamén estaba pero non me fixeron moito caso) eran as posibles complicacións derivadas da enfermidade, e os problemas renais estaban na lista, iso si, deixarannos moi claro que de aparecer fariao a largo plazo e que un bo control da diabete excluía esa posibilidade. Pero a miña diabetes non é de fácil control, e xa fai tempo que me quedou claro que acabaría tendo que afrontar esta situación, así que recibín o diagnóstico coa resignación de quen sabe que o que chega era inevitable e coa convicción de que que non me impediría levar unha vida que me fixera sentir satisfeito.

Parareime aquí un momento porque, aínda que dúbido que o meu relato poida servirlle de algo a alguen, se hai unha conclusión que si quero compartir é que a pesares do engorro das horas semanais pasadas conectado a máquina, das pastillas, da dieta que non deixa moitas alegrías e, sobre todo, da limitación do líquido que un pode beber (con diferencia o que peor levo) a miña vida non é diferente nin peor que a de calquer outra persoa. Todos temos os nosos problemas, estes son os meus, pero non hai neste mundo quen careza de retos que superar e polo menos eu teño claro o tratamento que é efectivo para controlar todo isto é a posibilidade aberta de que un transplante me traia de volta case todalas cousas que agora boto en falta. Os que pasamos moito tempo en hospitais sabemos que hai xente moito peor, pero o certo é que calquera que vexa as noticias daráse de conta do mesmo. Todas as limitacións que poida supoñer son superables con un pouco de vontade, pero iso, ter esa vontade é unha labor personal: podes recibir apoio e axuda pero ten que ser un mesmo quen comprenda que a tua vida será o que fagas dela.

Seguindo co guión e acerca do meu día a día na unidade, a meirande parte das miñas xornadas no hospital transcorren plácidamente. Non direi que non hai días nos que algún vaivén da tensión faiche a vida un pouco mais difícil, pero son os menos. A xente que traballa por aquí son uns profesionais estupendos que ademais intentan facerte sentir o mais cómodo posible e sempre están dispostos a explicar aquelo que non sabes ou comentar o que te preocupa. O seu maior problema é que quizás os medios cos que traballan poderían ser mellores, pero esa cuestión ten outros culpables, uns que nunca leerán isto por que lles ten sen cuidado. Aproveito esta líneas para expresarles o meu sincero agradecimento e o recoñecemento polo traballo que fan e que non se lles valora.


Gustariame, por ultimo, rematar transmitindo a miña gratitude á familia e ós amigos por estar sempre ahí, e desexolle ánimo a todos os que comparten a miña situación e outras que, mellores ou peores, teñan que soportar.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O CARNÉ DE CONDUCIR EN PERSOAS CON ERC. O RELATO DE JESÚS DE LA IGLESIA

  Chámome Jesús de la Iglesia. Resido en Cacheiras (Teo). Teño 65 anos, son licenciado en dereito, ex-abogado especializado en proxectos do desenrolo rural e concentración parcelaria e persoa con enfermidade renal crónica avanzada en estadío 4 A2 con seguimento na unidade ERCA do CHUS. O que vos vou relatar aconteceu en abril deste ano, cando acudín a un psicotécnico de Santiago de Compostela para renovar o meu carné de conducir. Na primeira visita, a médico que me atendeu informoume que perdera un pouco de agudeza visual e que tería que corrixir a gradación das miñas gafas. Resolto o problema, despois de acudir á miña óptica habitual, volvín de novo ao centro de recoñecemento e esta vez a profesional preguntoume polas miñas doenzas e enfermidades, informándoa detalladamente da miña patoloxía renal, do estadio da miña enfermidade. que non me estaba dializando e que me atopaba asintomático facendo vida normal sen verme incapacitado para a condución do meu vehículo de uso particula...

MAXI, UN CAMIÑO DE 22 ANOS POLA ENFERMIDADE RENAL

Vicenta Maximina (ou Maxi, como a coñecemos todas e todos) é usuaria na actualidade na unidade de hemodiálise de Diaverum Santiago de Compostela e veciña do concello de Negreira. "Divertida, con carácter e moi clara", así se define ela! Traballou de costureira de solteira, deixouno cando se mudou ao País Vasco tras casar e retomou a súa profesión ao voltar 17 anos despois. Loitadora e independente decidiu formar parte dunha Cooperativa de costureiras que cosían roupa para Zara no ano 1991, onde traballou ata que tivo o diagnóstico de enfermidade renal.   Leva nada máis nin nada menos que 18 anos en hemodiálise "comecei un 15 de xullo, polo día do Carme na clínica de Souto Boo, situada na Rúa Xeneral Pardiñas da cidade compostelá" tras 3 sesións no antigo Hospital de Galeras. Comenta que os seus inicios foron cheos de medo, incertidume e moita falta de información sobre a enfermidade renal, a diálise e todo o que esta nova vida que lle viña por diante iba supor. Aínd...

A HISTORIA DE CELSO

Celso naceu en Vigo e estivo boa parte da súa infancia viaxando por toda España e cambiando de localidades por mor do traballo de seu pai. Isto e segundo el asegura, marcou moito a súa forma de ser hoxe en día e a ser desde ben pequeno un home independente e loitador. Pai de dous fillos e entregado especialmente á educación e crianza do seu fillo maior con TDAH, xa tivo que desafiar moitas batallas para poder asegurarlle a mellor calidade de vida solicitando incluso unha excedencia no seu traballo habitual durante 13 anos. Nun control médico laboral diagnosticáronlle diabetes e anos despois a enfermidade renal crónica manifestouse na vida de Celso. Actualmente leva xa 4 anos en hemodiálise no Hospital Quirón da Coruña e asegura orgulloso ter botado preto de 8 anos en entrar neste tratamento levando unha dieta “estrita e ao pé da letra” durante todo o tempo que estivo na consulta ERCA, momento no cal coñeceu a Alcer e se fixo socio da entidade. O avance da diabetes implicou que tive...