Ir al contenido principal

Cambios...

Santiago estivo 5 anos e medio en tratamento de hemodiálise. Soupo que tiña enfermidade renal porque levaba anos sendo unha persoa diabética (dende os 42), que tras diversos controis médicos, pasou a ser seguido na consulta de prediálise (ERCA) do CHUS un total de 8 anos. O seu diagnóstico de diabetes desencadenouse polos hábitos de vida pouco saudables que seguía cando era novo: mala alimentación, tabaquismo, pouco exercicio físico...
Antes de comezar en hemodiálise, Santiago xa se foi preparando física e psicolóxicamente para comezar a nova etapa que lle viña por diante. Como parte do seu carácter bromista, asegurou que non foi moi consciente do que a enfermidade supuña e iba supoñer, levando unha vida relaxada ata a súa entrada no tratamento. "Para min non foi ningún trauma saber que tiña esta enfermidade, sempre fun positivo" - aseguraba - e non deixou que influíse de maneira negativa na súa vida.
Traballaba en Barcelona de auxiliar topógrafo nas obras do AVE, ata que nunhas vacacións de nadal, facendo unhas obras na casa da súa irmá, danou un hombreiro e tivo que ir ao hospital. Foi nese momento e tras analizar os resultados das analíticas que lle fixeron onde se viu reflexada a súa función renal. A súa vida laboral viuse paralizada pouco tempo despois, debido á presenza de múltiples patoloxías e efectos secundarios do seu diagnóstico de diabetes: amputacións, retinopatía, problemas cardíacos, insuficiencia renal, etc. polo que rematou percibindo unha incapacidade laboral dende facía xa moitos anos.
Comezou en hemodiálise e transplantarse, pese a súa idade, nunca foi unha prioridade para el. Preguntándolle sobre a posibilidade de transplante en vivo dalgún familiar ou amigo/a, Santiago aseguraba: "non llo pido nin llo acepto. Dame cousa pedirlle á xente que quero eso, nunca sabes o que pode pasar". Sempre confiou no criterio médico e aproveitou o tempo para desfrutar da vida e ir de viaxe, unha das súas grandes aficcións. El sempre adaptou a enfermidade á súa vida (non ao contrario) e dende o primeiro momento que tivo autorización médica comezou a facer viaxes a Madrid, Lisboa, Barcelona, Valencia...estudando sempre antes a proximidade entre o aeroporto, as clínicas de hemodiálise e os destinos vacacionais que tiña pensado visitar. Soia vixar cun grupo de compañeiros e compañeiras, cos que xa tiña normaliza a súa situación de saúde.

Santiago (segundo comezando pola esquerda) acompañado dos seus amigos nunha das súas viaxes

Preguntándolle por que hemodiálise e non diálise peritoneal, el contestaba, entre risas: "Por que me conozo. A peritoneal oblígate a ser moi meticuloso e eu non o son. Era unha responsabilidade que non quixen asumir"
Durante a entrevista, comentáronselle as cifras que fan líder mundal a España en doazóns e transplantes de órganos. De feito, dou unha mensaxe para todos os que estades a ler esta publicación: "Diríalle á xente que pensase que nalgún momento algún familiar pode necesitar un órgano, que ojalá que non, pero nunca se sabe". 

***

Esta entrevista foi feita no mes de Xullo, poucas semanas antes de que Santiago recibise a boa nova de que había un ril esperando por el grazas á solidariedade dunha familia que acababa de perder a un ser querido. Dende que lle deron a alta, aínda que co mesmo carácter de sempre (alegre e bromista), di botar de menos a súa rutina de ir tres veces á semana á clínica de hemodiálise e de vez en cando fai unha visita á que el denomina como "familia de diálisis".
Santiago recén transplantado xunto coa Terapeuta Ocupacional de Alcer Coruña Jessica Antelo


Todo o equipo que formamos parte de Alcer Coruña, queremos desexarche sorte nesta nova etapa. Agardamos que todo siga igual de ben como ata agora e que poidas disfrutar esta segunda vida moitos anos!





Comentarios

  1. O apoio recibido durante estes anos, por Alcer tamen foi moi importante para asimilar a enfermedade
    Gracias por todo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O CARNÉ DE CONDUCIR EN PERSOAS CON ERC. O RELATO DE JESÚS DE LA IGLESIA

  Chámome Jesús de la Iglesia. Resido en Cacheiras (Teo). Teño 65 anos, son licenciado en dereito, ex-abogado especializado en proxectos do desenrolo rural e concentración parcelaria e persoa con enfermidade renal crónica avanzada en estadío 4 A2 con seguimento na unidade ERCA do CHUS. O que vos vou relatar aconteceu en abril deste ano, cando acudín a un psicotécnico de Santiago de Compostela para renovar o meu carné de conducir. Na primeira visita, a médico que me atendeu informoume que perdera un pouco de agudeza visual e que tería que corrixir a gradación das miñas gafas. Resolto o problema, despois de acudir á miña óptica habitual, volvín de novo ao centro de recoñecemento e esta vez a profesional preguntoume polas miñas doenzas e enfermidades, informándoa detalladamente da miña patoloxía renal, do estadio da miña enfermidade. que non me estaba dializando e que me atopaba asintomático facendo vida normal sen verme incapacitado para a condución do meu vehículo de uso particula...

MAXI, UN CAMIÑO DE 22 ANOS POLA ENFERMIDADE RENAL

Vicenta Maximina (ou Maxi, como a coñecemos todas e todos) é usuaria na actualidade na unidade de hemodiálise de Diaverum Santiago de Compostela e veciña do concello de Negreira. "Divertida, con carácter e moi clara", así se define ela! Traballou de costureira de solteira, deixouno cando se mudou ao País Vasco tras casar e retomou a súa profesión ao voltar 17 anos despois. Loitadora e independente decidiu formar parte dunha Cooperativa de costureiras que cosían roupa para Zara no ano 1991, onde traballou ata que tivo o diagnóstico de enfermidade renal.   Leva nada máis nin nada menos que 18 anos en hemodiálise "comecei un 15 de xullo, polo día do Carme na clínica de Souto Boo, situada na Rúa Xeneral Pardiñas da cidade compostelá" tras 3 sesións no antigo Hospital de Galeras. Comenta que os seus inicios foron cheos de medo, incertidume e moita falta de información sobre a enfermidade renal, a diálise e todo o que esta nova vida que lle viña por diante iba supor. Aínd...

A HISTORIA DE CELSO

Celso naceu en Vigo e estivo boa parte da súa infancia viaxando por toda España e cambiando de localidades por mor do traballo de seu pai. Isto e segundo el asegura, marcou moito a súa forma de ser hoxe en día e a ser desde ben pequeno un home independente e loitador. Pai de dous fillos e entregado especialmente á educación e crianza do seu fillo maior con TDAH, xa tivo que desafiar moitas batallas para poder asegurarlle a mellor calidade de vida solicitando incluso unha excedencia no seu traballo habitual durante 13 anos. Nun control médico laboral diagnosticáronlle diabetes e anos despois a enfermidade renal crónica manifestouse na vida de Celso. Actualmente leva xa 4 anos en hemodiálise no Hospital Quirón da Coruña e asegura orgulloso ter botado preto de 8 anos en entrar neste tratamento levando unha dieta “estrita e ao pé da letra” durante todo o tempo que estivo na consulta ERCA, momento no cal coñeceu a Alcer e se fixo socio da entidade. O avance da diabetes implicou que tive...