Ir al contenido principal

Entradas

Un cambio de vida...!

Isabel  ten 58 anos e vive co seu home Carlos en Santiago de Compostela. É unha muller forte, con carácter e con moitas ganas de vivir. Entre as súas paixóns: os seus catro netos, que son a súa debilidade!  Fai 10 anos a súa vida tomou outro rumbo e foi diagnosticada de enfermidade renal. Comezou sendo usuaria de hemodiálise, logo faláronselle da diálise peritoneal e decidiu probar sorte, pero aos 6 meses tivo un edema pulmonar e decidiu volver a comezar en hemodiálise. Leva xa 9 anos sendo usuaria deste tipo de tratamento, ata que fai pouco máis de dous meses lle deron unha boa nova no hospital. "Preguntáronme que me parecería poder facer a mesma diálise que no hospital pero na casa, e non o dudei" explicaba contenta á Psicóloga  e Terapeuta Ocupacional de Alcer Coruña, que estiveron na súa casa para que lles contase en primeira persoa como se amañan ela e o marido nesta nova etapa. A día de hoxe, soamente ela e outras dúas compañeiras realizan este tipo de modalidade ...

Suso, voluntario de Alcer Coruña

Suso é voluntario da Asociación Alcer Coruña, foi paciente de hemodiálise durante 3 anos e actualmente está transplantado de Ril. Cediu a ser entrevistado pola entidade, para publicar a súa historia no Blog "Vivencias Compartidas". Bos días, Suso. Para comezar...cóntanos, como soupeches que tiñas enfermidade renal? A ver...A min descubriuseme de pequeniño, digamos que tiña unha manchiña á que non lle deron importancia ningunha. Durante os meus primeiros traballos, empecei a sentirme súper cansado, tiña a vista cansada, e fun ao óptico. O óptico xa me derivou directamente á residencia de Ferrol e xa me descubriron que tiña insuficiencia renal. Eu como era fumador, sempre pensei que tivese que ver co pulmón, tiña medo que fose diso, pero realmente cando me dixeron que era algo relacionado co riñón, casi me "quedei máis tranquilo". A partir de ahí foi cando comecei en pre-diálisis. Canto tempo estiveches en pre-diálise, Suso? Estiven 8 anos. Dende comezos do an...

Alternativas ocupacionais durante a hemodiálise

Daniel Pereiro asiste a tratamento de hemodiálise en Diaverum Santiago de Compostela e quixo compartir co nós a súa forma de vivir o tratamento e as alternativas elixidas para facelo máis levadeiro. Grazas, Dani!  Cales foron os principais cambios que se produciron na túa vida dende que soupeches que eras unha persoa con enfermidade renal crónica? A verdade e que primeiramente foi coma un shock cando me diagnosticaron a enfermidade renal, xa que apenas acababa de cumprir os 30 anos de idade e tiña en mente que estas cousas estaban reservadas pras persoas maiores. A miña vida cambiou totalmente xa que eu sempre fun persoa de moita axitación física, con prácticas deportivas asiduamente coma o fútbol ou o atletismo entre os deportes que practicaba normalmente, e de súpeto, xa non me sentía capacitado para seguir con esas prácticas deportivas porque físicamente me sentía agotado en canto pretendía seguir coas mesmas. Tamén me influíu notoriamente nas miñas relació...

A historia de Alexandre

Cando me propuxeron contar a miña experiencia como enfermo renal facilitouseme un guión que relataba os aspectos a tratar. Non son de seguir guións, pero este, en concreto, pareceume do mais axeitado, así que comezarei por onde se me suxire relatando a recepción do diagnóstico. Haberá xente para a que encontrarse con que se padece unha enfermidade renal resultará unha sorpresa, supoño que unha moi desagradable, pero non é o meu caso. Son diabético dende os doce anos, iso si foi unha sorpresa, non tiña antecedentes familiares e a miña saude era estupenda. Unha das primeiras cousas que lles contaron aos meus pais (eu tamén estaba pero non me fixeron moito caso) eran as posibles complicacións derivadas da enfermidade, e os problemas renais estaban na lista, iso si, deixarannos moi claro que de aparecer fariao a largo plazo e que un bo control da diabete excluía esa posibilidade. Pero a miña diabetes non é de fácil control, e xa fai tempo que me quedou claro que acabaría tendo que afronta...

A hemodiálise dende os ollos de Luisa...

Estimados/as señores/as:  Mi nombre es María Luisa Díaz Castro. Soy enferma renal desde hace 5 años, de los cuales los dos últimos estoy en tratamiento renal sustitutivo mediante hemodiálisis, recibido en la clínica Diaverum Santiago (antes Clínica Soutoboo).  Desde la asociación de enfermos renales, ALCER, me han solicitado que exponga en unas breves líneas, qué ha supuesto en mi vida el cambio vital que supone someterse a diálisis y vivir con la insuficiencia renal crónica. Será porque casi no he padecido o sentido con intensidad cualquiera de los síntomas y signos propios y característicos de la enfermedad renal, pero desde el primer momento tras el diagnóstico, he tomado esta etapa de mi vida como una más, en la que ni el dolor ni la tristeza podían tener cabida en mi día a día (y ha sido desde que tengo uso de razón con muchas otras circunstancias que he tenido que vivir, pero si eso, ya me quedará contarlas en un libro en el futuro).  Toda mi...