Ir al contenido principal

Entradas

UN VIAJE EN EL TIEMPO DE VENEZUELA A ESPAÑA

  Este fragmento de la historia de vida de Ender dura tan solo tres años. Ahora mismo él es usuario de Alcer Coruña, de nacionalidad venezolana, que llegó a nuestro país buscando la vida que allí no podían asegurarle. Ender trabajaba como encargado de cocina en un restaurante de Panamá cuando todo empezó. Comenta que tenía mucha presión (trabajadores a cargo, elaboración de menús, compra, almacén...) y que probablemente su “rutina diaria” de alimentación (mucho café, mucha comida elaborada...), descanso y sueño no fuese la más adecuada precisamente por el ritmo laboral que llevaba. En medio de este frenesí, comienza a dolerle la cabeza durante una larga temporada, hasta que un día ese dolor vino acompañado de vómitos y mareos en una mañana que iba a empezar a trabajar. Se vio obligado a acostarse en un armario de la cocina porque era incapaz de mantenerse de pie. Ese mismo día lo trasladaron a urgencias del hospital, donde permaneció 22 días y donde le detectaron por primera ...

Cambios...

S antiago estivo 5 anos e medio en tratamento de hemodiálise. Soupo que tiña enfermidade renal porque levaba anos sendo unha persoa diabética (dende os 42), que tras diversos controis médicos, pasou a ser seguido na consulta de prediálise (ERCA) do CHUS un total de 8 anos. O seu diagnóstico de diabetes desencadenouse polos hábitos de vida pouco saudables que seguía cando era novo: mala alimentación, tabaquismo, pouco exercicio físico... Antes de comezar en hemodiálise, Santiago xa se foi preparando física e psicolóxicamente para comezar a nova etapa que lle viña por diante. Como parte do seu carácter bromista, asegurou que non foi moi consciente do que a enfermidade supuña e iba supoñer, levando unha vida relaxada ata a súa entrada no tratamento. "Para min non foi ningún trauma saber que tiña esta enfermidade, sempre fun positivo" - aseguraba - e non deixou que influíse de maneira negativa na súa vida. Traballaba en Barcelona de auxiliar topógrafo nas obras do AVE, ata que ...

A música, a miña menciña!

Chámome Manuel e nacín no ano 1933, en Cas, parroquia dos Ánxeles (Concello de Oroso). Veño dunha familia labrega, meus pais Manuel e Asunción tiveron oitos fillos, catro homes e dúas mulleres. Eu era o maior de todos. Miña nai Asunción, tamén traballou cun telar e de meu pai herdei a miña paixón pola música (el tocaba o trombón). Estiven na escola ata os 14 anos, compatibilizando os estudos co coidado das terras e dos animais. A esa idade, comecei a traballar co carro de bois para traballar as terras dos meus veciños e foi daquela cando tamén comecei a tocar o Clarinete. A música comezou a ser naquel momento parte de cada etapa da miña vida. Con 23 anos casei coa miña muller Erundina, xa levamos 62 anos xuntos! Tivemos 5 fillos e 4 fillas que me deron 18 netos e 4 bisnetos...os días da festa, cando nos xuntamos todos, non collemos na casa! Aínda que sempre toquei o Clarinete, levo uns anos tocando tamén o requinto...aínda que dende que comecei en hemodiálise me custa moito comp...

Un cambio de vida...!

Isabel  ten 58 anos e vive co seu home Carlos en Santiago de Compostela. É unha muller forte, con carácter e con moitas ganas de vivir. Entre as súas paixóns: os seus catro netos, que son a súa debilidade!  Fai 10 anos a súa vida tomou outro rumbo e foi diagnosticada de enfermidade renal. Comezou sendo usuaria de hemodiálise, logo faláronselle da diálise peritoneal e decidiu probar sorte, pero aos 6 meses tivo un edema pulmonar e decidiu volver a comezar en hemodiálise. Leva xa 9 anos sendo usuaria deste tipo de tratamento, ata que fai pouco máis de dous meses lle deron unha boa nova no hospital. "Preguntáronme que me parecería poder facer a mesma diálise que no hospital pero na casa, e non o dudei" explicaba contenta á Psicóloga  e Terapeuta Ocupacional de Alcer Coruña, que estiveron na súa casa para que lles contase en primeira persoa como se amañan ela e o marido nesta nova etapa. A día de hoxe, soamente ela e outras dúas compañeiras realizan este tipo de modalidade ...

Suso, voluntario de Alcer Coruña

Suso é voluntario da Asociación Alcer Coruña, foi paciente de hemodiálise durante 3 anos e actualmente está transplantado de Ril. Cediu a ser entrevistado pola entidade, para publicar a súa historia no Blog "Vivencias Compartidas". Bos días, Suso. Para comezar...cóntanos, como soupeches que tiñas enfermidade renal? A ver...A min descubriuseme de pequeniño, digamos que tiña unha manchiña á que non lle deron importancia ningunha. Durante os meus primeiros traballos, empecei a sentirme súper cansado, tiña a vista cansada, e fun ao óptico. O óptico xa me derivou directamente á residencia de Ferrol e xa me descubriron que tiña insuficiencia renal. Eu como era fumador, sempre pensei que tivese que ver co pulmón, tiña medo que fose diso, pero realmente cando me dixeron que era algo relacionado co riñón, casi me "quedei máis tranquilo". A partir de ahí foi cando comecei en pre-diálisis. Canto tempo estiveches en pre-diálise, Suso? Estiven 8 anos. Dende comezos do an...

Alternativas ocupacionais durante a hemodiálise

Daniel Pereiro asiste a tratamento de hemodiálise en Diaverum Santiago de Compostela e quixo compartir co nós a súa forma de vivir o tratamento e as alternativas elixidas para facelo máis levadeiro. Grazas, Dani!  Cales foron os principais cambios que se produciron na túa vida dende que soupeches que eras unha persoa con enfermidade renal crónica? A verdade e que primeiramente foi coma un shock cando me diagnosticaron a enfermidade renal, xa que apenas acababa de cumprir os 30 anos de idade e tiña en mente que estas cousas estaban reservadas pras persoas maiores. A miña vida cambiou totalmente xa que eu sempre fun persoa de moita axitación física, con prácticas deportivas asiduamente coma o fútbol ou o atletismo entre os deportes que practicaba normalmente, e de súpeto, xa non me sentía capacitado para seguir con esas prácticas deportivas porque físicamente me sentía agotado en canto pretendía seguir coas mesmas. Tamén me influíu notoriamente nas miñas relació...

A historia de Alexandre

Cando me propuxeron contar a miña experiencia como enfermo renal facilitouseme un guión que relataba os aspectos a tratar. Non son de seguir guións, pero este, en concreto, pareceume do mais axeitado, así que comezarei por onde se me suxire relatando a recepción do diagnóstico. Haberá xente para a que encontrarse con que se padece unha enfermidade renal resultará unha sorpresa, supoño que unha moi desagradable, pero non é o meu caso. Son diabético dende os doce anos, iso si foi unha sorpresa, non tiña antecedentes familiares e a miña saude era estupenda. Unha das primeiras cousas que lles contaron aos meus pais (eu tamén estaba pero non me fixeron moito caso) eran as posibles complicacións derivadas da enfermidade, e os problemas renais estaban na lista, iso si, deixarannos moi claro que de aparecer fariao a largo plazo e que un bo control da diabete excluía esa posibilidade. Pero a miña diabetes non é de fácil control, e xa fai tempo que me quedou claro que acabaría tendo que afronta...