Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

Alternativas ocupacionais durante a hemodiálise

Daniel Pereiro asiste a tratamento de hemodiálise en Diaverum Santiago de Compostela e quixo compartir co nós a súa forma de vivir o tratamento e as alternativas elixidas para facelo máis levadeiro. Grazas, Dani!  Cales foron os principais cambios que se produciron na túa vida dende que soupeches que eras unha persoa con enfermidade renal crónica? A verdade e que primeiramente foi coma un shock cando me diagnosticaron a enfermidade renal, xa que apenas acababa de cumprir os 30 anos de idade e tiña en mente que estas cousas estaban reservadas pras persoas maiores. A miña vida cambiou totalmente xa que eu sempre fun persoa de moita axitación física, con prácticas deportivas asiduamente coma o fútbol ou o atletismo entre os deportes que practicaba normalmente, e de súpeto, xa non me sentía capacitado para seguir con esas prácticas deportivas porque físicamente me sentía agotado en canto pretendía seguir coas mesmas. Tamén me influíu notoriamente nas miñas relacións s