Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

MAXI, UN CAMIÑO DE 22 ANOS POLA ENFERMIDADE RENAL

Vicenta Maximina (ou Maxi, como a coñecemos todas e todos) é usuaria na actualidade na unidade de hemodiálise de Diaverum Santiago de Compostela e veciña do concello de Negreira. "Divertida, con carácter e moi clara", así se define ela! Traballou de costureira de solteira, deixouno cando se mudou ao País Vasco tras casar e retomou a súa profesión ao voltar 17 anos despois. Loitadora e independente decidiu formar parte dunha Cooperativa de costureiras que cosían roupa para Zara no ano 1991, onde traballou ata que tivo o diagnóstico de enfermidade renal.   Leva nada máis nin nada menos que 18 anos en hemodiálise "comecei un 15 de xullo, polo día do Carme na clínica de Souto Boo, situada na Rúa Xeneral Pardiñas da cidade compostelá" tras 3 sesións no antigo Hospital de Galeras. Comenta que os seus inicios foron cheos de medo, incertidume e moita falta de información sobre a enfermidade renal, a diálise e todo o que esta nova vida que lle viña por diante iba supor. Aínd