Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Suso, voluntario de Alcer Coruña

Suso é voluntario da Asociación Alcer Coruña, foi paciente de hemodiálise durante 3 anos e actualmente está transplantado de Ril. Cediu a ser entrevistado pola entidade, para publicar a súa historia no Blog "Vivencias Compartidas". Bos días, Suso. Para comezar...cóntanos, como soupeches que tiñas enfermidade renal? A ver...A min descubriuseme de pequeniño, digamos que tiña unha manchiña á que non lle deron importancia ningunha. Durante os meus primeiros traballos, empecei a sentirme súper cansado, tiña a vista cansada, e fun ao óptico. O óptico xa me derivou directamente á residencia de Ferrol e xa me descubriron que tiña insuficiencia renal. Eu como era fumador, sempre pensei que tivese que ver co pulmón, tiña medo que fose diso, pero realmente cando me dixeron que era algo relacionado co riñón, casi me "quedei máis tranquilo". A partir de ahí foi cando comecei en pre-diálisis. Canto tempo estiveches en pre-diálise, Suso? Estiven 8 anos. Dende comezos do an