Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2019

Cambios...

S antiago estivo 5 anos e medio en tratamento de hemodiálise. Soupo que tiña enfermidade renal porque levaba anos sendo unha persoa diabética (dende os 42), que tras diversos controis médicos, pasou a ser seguido na consulta de prediálise (ERCA) do CHUS un total de 8 anos. O seu diagnóstico de diabetes desencadenouse polos hábitos de vida pouco saudables que seguía cando era novo: mala alimentación, tabaquismo, pouco exercicio físico... Antes de comezar en hemodiálise, Santiago xa se foi preparando física e psicolóxicamente para comezar a nova etapa que lle viña por diante. Como parte do seu carácter bromista, asegurou que non foi moi consciente do que a enfermidade supuña e iba supoñer, levando unha vida relaxada ata a súa entrada no tratamento. "Para min non foi ningún trauma saber que tiña esta enfermidade, sempre fun positivo" - aseguraba - e non deixou que influíse de maneira negativa na súa vida. Traballaba en Barcelona de auxiliar topógrafo nas obras do AVE, ata que