Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

INOCENCIA E AGUSTÍN, UN MATRIMONIO EN HEMODIÁLISE

 Inocencia e Agustín son dous usuarios de Alcer Coruña que acoden a tratamento de hemodiálise na clínica de Diaverum Santiago. Son o segundo matrimonio que acode a esta clínica facer o tratamento, unha situación peculiar que non nos deixou indiferentes. Inocencia comezou hemodiálise no verán do 2019 e Agustín case 4 meses despois. Levan unha vida xuntos e agora comparten tamén a vivencia dunha enfermidade silenciosa como a enfermidade renal. Coñecéronse en Granada. Agustín era militar e Inocencia atopábase no hospital da mesma cidade coidando a un irmán ingresado. Foi no tranvía onde Agustín rompiu o xeo e lle falou por primeira vez! Tras moito insistir, remataron sendo mozos e tres anos despois casaron. Tiveron 4 fillos e cando o máis pequeno tiña 14 meses viñeron vivir a Galicia, onde Agustín atopou traballo en Ferrovial. Xa levan nada máis nin nada menos que 35 anos residindo nesta comunidade e transmiten estar contentos e moi adaptados dende sempre! Inocencia de nova tivo unha nefr