Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

AS PULSEIRAS SOLIDARIAS DA VODA DE MAR E JUAN

Juan Gestal ten 40 anos, é policia nacional, usuario de Alcer Coruña e ten enfermidade renal dende fai 9 anos. Antes do diagnóstico, comenta que tiña periódicamente ataques de gota e que tras unha revisión no seu centro de saúde, descubriron un desaxuste na función dos seus riles. Comezou ao pouco tempo o tratamento de hemodiálise no hospital Quirón da Coruña e despois dunha leve melloría, puido deixar de depender do tratamento dous anos ata que tivo que volver a entrar. Actualmente acode tres días á semana ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña en horario de mañá, compatibilizando o tratamento coa súa xornada laboral . Juan comenta que ten unha boa tolerancia á hemodiálise e que isto lle permite poder manterse activo laboralmente, aínda que menciona sentirse afortunado porque no traballo "llo poñen moi fácil" e se sinte moi apoiado polos seus compañeiros. Na actualidade, leva xa 4 anos e 2 meses en listaxe de agarda para poder trasplantarse e aínda que a espera se