Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

A historia de Alexandre

Cando me propuxeron contar a miña experiencia como enfermo renal facilitouseme un guión que relataba os aspectos a tratar. Non son de seguir guións, pero este, en concreto, pareceume do mais axeitado, así que comezarei por onde se me suxire relatando a recepción do diagnóstico. Haberá xente para a que encontrarse con que se padece unha enfermidade renal resultará unha sorpresa, supoño que unha moi desagradable, pero non é o meu caso. Son diabético dende os doce anos, iso si foi unha sorpresa, non tiña antecedentes familiares e a miña saude era estupenda. Unha das primeiras cousas que lles contaron aos meus pais (eu tamén estaba pero non me fixeron moito caso) eran as posibles complicacións derivadas da enfermidade, e os problemas renais estaban na lista, iso si, deixarannos moi claro que de aparecer fariao a largo plazo e que un bo control da diabete excluía esa posibilidade. Pero a miña diabetes non é de fácil control, e xa fai tempo que me quedou claro que acabaría tendo que afronta