Ir al contenido principal

INOCENCIA E AGUSTÍN, UN MATRIMONIO EN HEMODIÁLISE

 Inocencia e Agustín son dous usuarios de Alcer Coruña que acoden a tratamento de hemodiálise na clínica de Diaverum Santiago. Son o segundo matrimonio que acode a esta clínica facer o tratamento, unha situación peculiar que non nos deixou indiferentes.

Inocencia comezou hemodiálise no verán do 2019 e Agustín case 4 meses despois. Levan unha vida xuntos e agora comparten tamén a vivencia dunha enfermidade silenciosa como a enfermidade renal.

Coñecéronse en Granada. Agustín era militar e Inocencia atopábase no hospital da mesma cidade coidando a un irmán ingresado. Foi no tranvía onde Agustín rompiu o xeo e lle falou por primeira vez! Tras moito insistir, remataron sendo mozos e tres anos despois casaron.

Tiveron 4 fillos e cando o máis pequeno tiña 14 meses viñeron vivir a Galicia, onde Agustín atopou traballo en Ferrovial. Xa levan nada máis nin nada menos que 35 anos residindo nesta comunidade e transmiten estar contentos e moi adaptados dende sempre!

Inocencia de nova tivo unha nefrite e nunca tivo outros problemas de saúde, ata que con 50 anos tras unha analítica detectaron que o funcionamento dos seus riles non era o máis axeitado e a derivaron a nefroloxía. Ela recoñece que "non se coidaba moito e comía o que había", cadrando cunha etapa na que tivo que voltar á súa terra natal para coidar da súa nai enferma e onde descoidou a súa dieta e o coidado da súa saúde. 

Agustín, pola súa banda, foi fumador e tivo hipertensión. Aínda que coñecía que os seus riles non funcionaban ao 100% dende o ano 2004, en outubro do 2019 tivo que comezar hemodiálise tras unha crise hipertensiva.

Na actualidade, acoden o mesmo día e no mesmo turno ao tratamento (tamén comparten ambulancia) e aínda que Agustín lle custou máis adaptarse, recoñecen levalo mellor cada día. Os dous coñecían de preto a hemodiálise, xa que unha familiar próxima xa acudira a este tratamento, polo que a primeira toma de contacto foi máis doada.

Inocencia está encantada coa clínica e cos compañeiros, e dentro do seu humor andaluz, coméntanos que "ir a diálise é como ter un traballo que non podo deixar por moi cansa que estea" e tralo confinamento e este longo ano pechados na casa incluso dentro do peligro se sentiron ben porque como din "tiñamos que vir a diálise e iso axudounos tamén a ver a outras persoas e non estar sempre entre catro paredes".

Recoñecen que a súa vida na actualidade cambiou moito por mor da Covid-19. Eran unha parella moi sociable á que lle gustaba moito compartir bos momentos na compaña de amigos e familiares. Agora están desexando vacinarse e que todo isto pase para poder volver a Granada e visitar á súa familia.

Grazas polo voso positivismo, parella!



Comentarios

Entradas populares de este blog

A HISTORIA DE CELSO

Celso naceu en Vigo e estivo boa parte da súa infancia viaxando por toda España e cambiando de localidades por mor do traballo de seu pai. Isto e segundo el asegura, marcou moito a súa forma de ser hoxe en día e a ser desde ben pequeno un home independente e loitador. Pai de dous fillos e entregado especialmente á educación e crianza do seu fillo maior con TDAH, xa tivo que desafiar moitas batallas para poder asegurarlle a mellor calidade de vida solicitando incluso unha excedencia no seu traballo habitual durante 13 anos. Nun control médico laboral diagnosticáronlle diabetes e anos despois a enfermidade renal crónica manifestouse na vida de Celso. Actualmente leva xa 4 anos en hemodiálise no Hospital Quirón da Coruña e asegura orgulloso ter botado preto de 8 anos en entrar neste tratamento levando unha dieta “estrita e ao pé da letra” durante todo o tempo que estivo na consulta ERCA, momento no cal coñeceu a Alcer e se fixo socio da entidade. O avance da diabetes implicou que tive

A música, a miña menciña!

Chámome Manuel e nacín no ano 1933, en Cas, parroquia dos Ánxeles (Concello de Oroso). Veño dunha familia labrega, meus pais Manuel e Asunción tiveron oitos fillos, catro homes e dúas mulleres. Eu era o maior de todos. Miña nai Asunción, tamén traballou cun telar e de meu pai herdei a miña paixón pola música (el tocaba o trombón). Estiven na escola ata os 14 anos, compatibilizando os estudos co coidado das terras e dos animais. A esa idade, comecei a traballar co carro de bois para traballar as terras dos meus veciños e foi daquela cando tamén comecei a tocar o Clarinete. A música comezou a ser naquel momento parte de cada etapa da miña vida. Con 23 anos casei coa miña muller Erundina, xa levamos 62 anos xuntos! Tivemos 5 fillos e 4 fillas que me deron 18 netos e 4 bisnetos...os días da festa, cando nos xuntamos todos, non collemos na casa! Aínda que sempre toquei o Clarinete, levo uns anos tocando tamén o requinto...aínda que dende que comecei en hemodiálise me custa moito comp

UN VIAJE EN EL TIEMPO DE VENEZUELA A ESPAÑA

  Este fragmento de la historia de vida de Ender dura tan solo tres años. Ahora mismo él es usuario de Alcer Coruña, de nacionalidad venezolana, que llegó a nuestro país buscando la vida que allí no podían asegurarle. Ender trabajaba como encargado de cocina en un restaurante de Panamá cuando todo empezó. Comenta que tenía mucha presión (trabajadores a cargo, elaboración de menús, compra, almacén...) y que probablemente su “rutina diaria” de alimentación (mucho café, mucha comida elaborada...), descanso y sueño no fuese la más adecuada precisamente por el ritmo laboral que llevaba. En medio de este frenesí, comienza a dolerle la cabeza durante una larga temporada, hasta que un día ese dolor vino acompañado de vómitos y mareos en una mañana que iba a empezar a trabajar. Se vio obligado a acostarse en un armario de la cocina porque era incapaz de mantenerse de pie. Ese mismo día lo trasladaron a urgencias del hospital, donde permaneció 22 días y donde le detectaron por primera vez