Ir al contenido principal

A HISTORIA DE CELSO

Celso naceu en Vigo e estivo boa parte da súa infancia viaxando por toda España e cambiando de localidades por mor do traballo de seu pai. Isto e segundo el asegura, marcou moito a súa forma de ser hoxe en día e a ser desde ben pequeno un home independente e loitador.

Pai de dous fillos e entregado especialmente á educación e crianza do seu fillo maior con TDAH, xa tivo que desafiar moitas batallas para poder asegurarlle a mellor calidade de vida solicitando incluso unha excedencia no seu traballo habitual durante 13 anos.

Nun control médico laboral diagnosticáronlle diabetes e anos despois a enfermidade renal crónica manifestouse na vida de Celso. Actualmente leva xa 4 anos en hemodiálise no Hospital Quirón da Coruña e asegura orgulloso ter botado preto de 8 anos en entrar neste tratamento levando unha dieta “estrita e ao pé da letra” durante todo o tempo que estivo na consulta ERCA, momento no cal coñeceu a Alcer e se fixo socio da entidade. O avance da diabetes implicou que tivesen que sacarlle parte da perna esquerda e que actualmente estea loitando con problemas de vascularización da perna dereita, supondo para el unha nova loita, neste caso vencellada á eliminación das barreiras arquitectónicas do seu domicilio actual. Celso tivo a sorte de contar co apoio e empatía da súa veciñanza aínda que asegura ter pasado máis dun ano pechado na casa sen poder sair pola falta de accesibilidade do seu edificio. Agora desprázase coa axuda dunha cadeira de rodas eléctrica que lle devolveu a independencia que desexaba, asegurando “non me gusta depender de ninguén e quero estar o mellor posible nas miñas circunstancias”.

Pero máis aló da diabetes, da enfermidade renal e da ampla historia de Celso, a súa vida sempre estivo vencellada ao deporte e en especial ao deporte náutico. Durante anos practicou pesca submarina, ten a licencia de patrón deportivo e foi Comisario Xeral de Moto Náutica. Incluso desde que comezou cos problemas de mobilidade seguiu realizando esta práctica deportiva mediante diferentes adaptacións e na actualidade pertence á Real Federación Gallega de Motonáutica.

Afeccionado á fotografía, recibiu un premio nacional no ano 1976...e máis aló da súa profesión como electricista, foi guionista en Cope Vigo nun programa vencellado á inclusión social das persoas con diversidade funcional durante a ditadura franquista.

Hoxe en día Celso forma parte activa de Alcer Coruña e agradece a labor de información que a entidade dirixe no dia a día ás persoas con enfermidade renal .

 







Comentarios

  1. Historias reais como a do compañeiro Celso son as que ensinan a vivir para facer unha realidade mellor. Grazas, Celso, por facer de faro; grazas ás Vivencias compartidas de Alcer Coruña por ofrecernos ser participes de historias de vida,

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A música, a miña menciña!

Chámome Manuel e nacín no ano 1933, en Cas, parroquia dos Ánxeles (Concello de Oroso). Veño dunha familia labrega, meus pais Manuel e Asunción tiveron oitos fillos, catro homes e dúas mulleres. Eu era o maior de todos. Miña nai Asunción, tamén traballou cun telar e de meu pai herdei a miña paixón pola música (el tocaba o trombón). Estiven na escola ata os 14 anos, compatibilizando os estudos co coidado das terras e dos animais. A esa idade, comecei a traballar co carro de bois para traballar as terras dos meus veciños e foi daquela cando tamén comecei a tocar o Clarinete. A música comezou a ser naquel momento parte de cada etapa da miña vida. Con 23 anos casei coa miña muller Erundina, xa levamos 62 anos xuntos! Tivemos 5 fillos e 4 fillas que me deron 18 netos e 4 bisnetos...os días da festa, cando nos xuntamos todos, non collemos na casa! Aínda que sempre toquei o Clarinete, levo uns anos tocando tamén o requinto...aínda que dende que comecei en hemodiálise me custa moito comp

UN VIAJE EN EL TIEMPO DE VENEZUELA A ESPAÑA

  Este fragmento de la historia de vida de Ender dura tan solo tres años. Ahora mismo él es usuario de Alcer Coruña, de nacionalidad venezolana, que llegó a nuestro país buscando la vida que allí no podían asegurarle. Ender trabajaba como encargado de cocina en un restaurante de Panamá cuando todo empezó. Comenta que tenía mucha presión (trabajadores a cargo, elaboración de menús, compra, almacén...) y que probablemente su “rutina diaria” de alimentación (mucho café, mucha comida elaborada...), descanso y sueño no fuese la más adecuada precisamente por el ritmo laboral que llevaba. En medio de este frenesí, comienza a dolerle la cabeza durante una larga temporada, hasta que un día ese dolor vino acompañado de vómitos y mareos en una mañana que iba a empezar a trabajar. Se vio obligado a acostarse en un armario de la cocina porque era incapaz de mantenerse de pie. Ese mismo día lo trasladaron a urgencias del hospital, donde permaneció 22 días y donde le detectaron por primera vez